Segundo a etioloxía

0 comentarios comentarios

Segundo a etioloxía

.................

A  etioloxía da queimadura ten importancia especialmente na primeira actuación, na urxencia e a emerxencia.

Queimaduras térmicas: producidas pola acción da calor.
  • Escaldadura: por líquidos quentes. Adoitan ser limpas, superficiais, pero extensas.
  • Chamas: prodúcense por contacto directo coas chamas do lume. Son queimaduras máis sucias.
  •  Contacto: o mecanismo son os sólidos quentes. Adoitan ser limitadas e profundas.
  • Por fricción: A queimadura prodúcese polo rozamiento brusco da pel con outra superficie.
Queimaduras eléctricas: prodúcense pola acción directa da corrente eléctrica ou calor que xera ao pasar polos tecidos. A resistencia de cada tecido é inversamente proporcional á cantidade de auga que contén. Poden ser:
  •  De baixa voltaxe (<1.000 V), produce escasa destrución de tecidos. Risco de parada cardíaca.
  • De alta voltaxe (>1.000 V), presenta gran destrución de tecido nos puntos de contacto e nas estruturas internas próximas ao percorrido dos ósos longos.
Poden provocar parada cardíaca, alteración do ritmo, fracturas, rabdiomiolisis e síndrome compartimental. Débese realizar monitoraxe cardíaca e derivar a unha unidade de queimados.

 

Queimaduras por flash eléctrico: por causa da labarada que se adoita producir nun curtocircuíto. O seu tratamento difire da queimadura producida pola corrente eléctrica.
 
Queimaduras químicas: producidas por sustancias acedas ou básicas e sustancias corrosivas que alteran o pH dos tecidos. A gravidade da queimadura dependerá da natureza da sustancia, da súa concentración e o tempo de contacto. Deben derivarse todas a un centro especializado.
 
Queimaduras radioactivas: producidas polas radiacións ionizantes (raios X, raios gamma, etc.) e non ionizantes como a radiación solar, ultravioleta, láser, microondas, radiación infravermella, etc.
 

Queimaduras por frío: o efecto do frío extremo nos tecidos producevasoconstricción e solidificación da auga do interior das células, o que produce necrosisv tisular. As lesións afectan sobre todo a zonas acras (dedos, orellas e nariz).

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde